La Voz de Galicia, Encuentros digitales con Xosé Luis Barreiro Rivas, Miércoles 3 de marzo del 2010, a las 17.45 horas
Pregunta: ¿No cree que la súpervivencia de la lengua gallego es, en último téminos, cometido de los ciudadanos y no del gobierno?
Resposta:
É cometido dos cidadáns que forman un pobo ou en termos políticos unha nacións e os cidadáns actúan por medio dun goberno que administra un sistema educativo que os propios cidadáns pagan e ao que lle temos encomendada unha parte fundamental, non só da educación senón tamén da inxerción social dos nosos fillos. A escola non só fai médicos ou filósofos, tamén fai cidadáns galegos que sendo conscientes da súa herdanza cultural teñen que sentir ou aprender a sentir a obriga de continuar a labor que os fixo e os identifica coma un pobo. A lingua galega para os galegos non é unha opción, nin é unha inutilidade caprichosa é un dos piares fundamentales da súa identidade e da súa cohesión social e por iso hai que lle dicir aos nenos que así como aprenden a vivir certos costumes e ambientes que non son propios teñen que aprender a falar. E dende logo non entendo a un goberno que reclama patriotismo para os cartos e para a fusión das caixas -para iso Galicia parece un concepto fundamental e illado do contexto financieiro español- e en cambio está poñendo as bases para que a identidade lingüística e cultural quede no mercado a disposición das ocurrencias de cada pai ou de cada ignorante que asuma como un dogma o estúpido principio de que a lingua non se impón. Non estou seguro de que o galego sexa unha lingua inmorrente. Non o foi o latín nin o griego e non creo que o sexa unha lingua moito máis minoritaria que en termos históricos naceu antesdonte pero eu teño un compromiso cos meus pais e cos meus avós e quero e espero que a lingua galega dure polo menos ata o meu funeral. Despois como lle digo aos meus fillos é cousa vosa pero ata ese día pago impostos e escolas para que estudien nela os nenos galegos e non cidadáns mundiais antes incluso de ter uso de razón.
A miña opinión: Pois Iso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario