martes, 3 de marzo de 2009

Apostas de catro anos

Hai que saber gañar e perder. Isto ben sabemoslo os Deportivistas que temos moito sufrido mais sempre hai alguén que abufa polos resultados. Suso del Toro seméllame un deles si de verdade pensa que a derrota do bipartito non é merecida. A Galicia que ten votado, unhas veces outorga e outras non segundo razoamento da democracia, a posibilidade da alternancia, do cambio, nunhas eleccións libres. Ós políticos no gozan coas eleccións cando perden ainda que os resultados sexan rotundos, coma foran onte. A renuncia de Touriño é lóxica. Quintana non sei que agarda.

Os galegos no son a clientela do PP e os medios inflúen pero non deciden, fan coma os libros, fomentan o pensamento e logo cada quén ten que escoller. Roberto Blanco Valdés na Voz (qué serio na foto) explica ben o que ten pasado. Eu tamén supoño que algo mal terá feito o bipartito para acadar tan axiña as bancadas da oposición, para ficar fora do poder. Empregaron máis enerxia en vixiar ós seus compañeiros de coalición que en facer pais. Os erros páganse caros en política, catro anos sen coche oficial. A boa noticia é que a marxe é ainda pequena e o PP tampouco pode emboubar.

Deixo outro yotube cunha canción de Capercaille (grupo celta escocés) que onte escoitéi de volta da praia. Din algo en gaélico que non entendo pero semellame a  "unha mariscada" (nesta versión Karen a canta no minuto dous, no disco Beautiful Wasteland é máis claro o da mariscada, tiñan máis fame). Bo xeito de festexar as oitavas eleccións do noso país.


No hay comentarios: